obradoiro na rede

de lingua e literatura

Rede social do alumnado de 3º ESO do IES da Pobra do Caramiñal para o traballo creativo coas TIC e o desenvolvemento competencial en galego. As producións que acaden suficiente calidade publicaranse no blogue Dis ti!

Últimas atividades

kaori que recordos..
novembro 16
kaori atualizaram seus perfis
novembro 16
março 11

Blogues



Notas

Funcionamento

Podemos editar todos/as notas?

Criado por dplingua 3 Set 2008 at 20:27. Atualizado pela última vez por dplingua 3. Set, 2008.

Início de Notas

Bem-vindo às Notas.

Criado por dplingua 3 Set 2008 at 20:15. Atualizado pela última vez por dplingua 3. Set, 2008.

 

INFORMACIÓN PARA SETEMBRO

Información para a recuperación de setembro: na páxina de dplingua!! Tamén podedes empregar este sitio para consultar calquera cuestión ao respecto.

Para lle TIRAR PARTIDO a este espazo:

É moi importante entender e asumir o seguinte!

1. O noso obxectivo principal non é curiosear e enviarlles notas aos demais, senón aproveitar este espazo de intercomunicación para colaborar e aprendermos uns dos outros TIC e lingua. Ademais, todo o que se faga fica aquí rexistrado e será avaliado. En calquera caso:
ACÉPTASE a comunicación con calquera membro do grupo sempre que non se chegue a ser irrespectuoso/a; o uso, nesas mensaxes, dunha linguaxe adaptada (tá bn? :)); e tamén subir imaxes propias.
NON SE PERMITE nin a integración nin o uso de xogos; tampouco inserir imaxes ou vídeos de internet alleos ao traballo; nin eliminar mensaxes recibidas.

2. O labor nesta rede será avaliado de acordo cos criterios que se recollen na páxina de dplingua. En xeral:
SUMARÁ, por esta orde (crecente): enviar comentarios aos demais membros sobre o que está a facer cadaquén, participar no foro solicitando información/orientación ou propoñendo algo, participar nos foros abertos respondendo ou opinando sobre cuestións formuladas polos demais, subir material (documentos, vídeos...) de proveito para resolver tarefas, publicar entradas de blogue propias relacionadas cos temas que se traballen, ter en desenvolvemento tarefas centrais (véxase o bloque inferior), rematar tarefas centrais, revisar axeitadamente os resultados das tarefas e lograr unha calidade suficiente para seren estes publicados en Dis ti!
RESTARÁ desatender calquera das indicacións anteriores, ou sexa, ser irrespectuos@s, inserir material inapropiado, etc.
Cada semana (ou, como máximo, cada dúas) a propia páxina de dplingua presentará a puntuación de cada membro, e sobre estes resultados será calculada a nota correspondente, que suporá un 25% da final.

3. Recoméndase operar cada sesión da seguinte maneira: revisar as mensaxes recibidas e contestar, revisar as actividades dalgúns dos outros membros e comentar, valorar a posibilidade de participar no foro e, por último pero con suficiente tempo, atender a tarefa central na que se estea traballando.

Tarefas centrais

Aquí irán aparecendo as indicacións necesarias para poder realizar tarefas relacionadas cos medios de comunicación e difusión e mais coa historia da literatura e cuxo fin último sempre será producir algo, crear.
TAREFA 1 Presentade as noticias sobre a agresión en Boiro xa traballadas xunto con algúns comentarios vosos sobre a importancia que lle concede cada un dos medios vistos. Para facer isto, empregade a ferramenta online Splashcast, que permite facer presentacións xuntando imaxes, vídeos, textos, etc. Tedes un titorial na nosa sección de vídeos, por se precisades axuda, mais é bastante sinxelo; iso si, hai que rexistrarse primeiro. Os materiais que hai que integrar na presentación son estes: portadas, TVG 1, TVG 2, noticia Galicia Hoxee noticia De luns a venres. Podedes ver o exemplo que se puxo no blogue. Organizade así os vosos comentarios:
- Presentación dos documentos: a que noticia se refiren, de que medios están tirados e con que intención se presentan (facer contraste).
- Contraste das portadas (presentadas unha a seguir da outra): distinta importancia en Galicia Hoxe, De luns a venres e TVG. Datos (situación, tamaño...) que o mostran e posíbeis razóns (sensacionalismo...).
- Contraste das noticias.
TAREFA 2 Revisade as noticias de actualidade na prensa (en galego, claro; accedede a ela desde aquí), excluíndo Sucesos e Deportes (!), e escollede unha ou dúas que vos interesen e comprendades ben. Comprobade que diferenzas hai no seu tratamento (importancia, foco da noticia, etc.) en dous medios distintos, cando menos, e elaborade unha entrada no blogue da vosa páxina deste obradoiro-rede social. Nesa entrada, comentade o contido da noticia, o seu interese e as diferenzas entre os medios, facendo as ligazóns (links) oportunas. Botádelle unha ollada ao exemplo publicado no blogue de dplingua! Tamén vos pode axudar ler as entradas que van facendo os compañeiros e compañeiras, coma esta de manolo (lede tamén os comentarios de dplingua que a seguen).
TAREFA 3 Ides crear unha noticia, no blog da vosa páxina, sobre o que estamos a facer nesta rede social. O titular será algo así como O alumnado de 3º ESO da Pobra mellora a súa competencia lingüística e dixital nunha comunidade virtual. Pero a modiño, hai que preparala ben seguindo estes pasos:
1. Revisade a estrutura da noticia aquíe realizade esta actividade previa.
2. Informádevos sobre as redes sociais aquí e incorporade esta perspectiva crítica (accedede á ligazón a través do titular).
3. Coñecede como funciona esta plataforma, ning, aquí e mais nesta comunidade de profesorado galego (lede a benvida).
4. Comezade a redactar atendendo o que é máis importante, deixando para os últimos parágrafos os datos complementarios. Creade parágrafos breves. No primeiro ten que ir a información básica e máis relevante. Nos seguintes o desenvolvemento desa información. Se queredes cambiar o titular proposto, o novo debe ser breve e recoller o contido esencial da información; en calquera caso, destacádeo tipograficamente. Creade tamén un antetítulo ou un subtítulo, en letra máis pequena, que presente algún detalle relevante. No corpo, empregade o presente de indicativo e un léxico claro, sen adxectivos valorativos (non se trata de dar opinión). Botade man de sinónimos, hiperónimos e termos equivalentes para evitar repeticións (por ex., rede social, comunidade virtual, espazo compartido...). Cando sexa preciso, inseride entre comas complementos circunstanciais ou oracións de relativo aclaratorias (por ex., O alumnado, que pode traballar na rede só unha vez á semana, desenvolve...) e botade man, para enlazar as oracións, de conectores de adición (Así mesmo, ademais diso, do mesmo xeito, por outro lado...), topicalización (Polo que respecta a, en canto a, no que atinxe a...) e de tempo (Despois, antes diso...)
5. Revisade o escrito en relación coas recomendacións anteriores e a corrección lingüística (puntuación, acentuación, ortografía, etc.). Aproveitade as ferramentas que temos máis abaixo (corrector, etc.)
TAREFA 4 Primeiro creade unha conta en ZohoShow, onde teredes que elaborar unhas diapos seguindo os pasos que se explican a continuación.
1. Revisade con atención a presentación en flash dos xéneros xornalísticos que está incluída na nosa sección de Recursos (nesta mesma portada, máis abaixo) e extraede a información esencial. Esta información xa a podedes ir incorporando ao documento que creades en ZohoShow.
2. Logo procurade na prensa do noso quiosco un exemplo para xénero mixto (como unha crónica), outro para informativo (unha noticia) e outro para xénero de opinión (por exemplo, un artigo) e localizade os fragmentos que transmitan valoracións e opinións (con adxectivos valorativos -malo, inaceptábel, interesante...-, utilización da primeira persoa -non podo aceptar, considero...-, presenza de ideas e non feitos ou datos, ironías, etc.); lembrádevos de incluír a ligazón aos exemplos nos vosos slides en ZohoShow.
3. Montade a vosa propia presentación sobre os xéneros xornalísticos, con exemplos (en ligazón ou con imaxe) nos que se sinalen aqueles trazos subxectivos. Ao rematar, copiade o código e inserídeo no voso blogue.
TAREFA 5 Localizade no xornal Galicia Hoxe unha das viñetas do día e logo procurade a noticia na que se trata o tema da viñeta, fixándovos ben no que vos comunica a foto que seguramente acompañe a noticia. Logo comentade nunha nova entrada do voso blogue a perspectiva (seguramente crítica) que adopta o humorista ante esa notica, é dicir, a opinión que transmite a viñeta, fronte a obxectividade maior ou menor (indicádeo) da fotografía. Reproducide as imaxes e ligade a noticia ao facer a entrada do blogue.
TAREFA 6 Botádelle unha ollada a esta escolma dos milleiros de blogues galegos (o chamado blogomillo, onde podemos atopar información, pero sobre todo opinión dos usuarios e usuarias activas da rede) coa finalidade de elixir un artigo de blogue cun tema que vos interese: Estrela negra, Contradiscurso, Brétemas, Invando vagalumes, Espazo en branco (de dous alumnos do IES de Cambre) e Xogactual (tamén de alumnado). Elaborade unha entrada de certa extensión no voso blogue apoiando, matizando ou rebatendo a postura que algún(s) dese(s) blogueiro(s) expresa, ou sexa, dando abertamente a vosa opinión sobre o asunto da entrada escollida. Non deixedes de facer a ligazón ao artigo en concreto no que vos baseades. Botade man dos procedementos de subxectividade (adxectivos valorativos -malo, inaceptábel, interesante...-, utilización da primeira persoa -non podo aceptar, considero...-, presenza de ideas e non feitos e datos, ironía, etc.) e empregade ben os conectores do texto expositivo-argumentativo, a saber: conectores de afirmación (evidentemente, sen dúbida...), de atenuación (ata certo punto, en calquera caso, de todos os xeitos...), de causa e consecuencia (daquela, así pois, en consecuencia, polo tanto, en definitiva...), de exemplificación (por exemplo, poñamos por caso...) e de intensificación (é máis...), de oposición (pola contra, agora ben, porén...).
TAREFA 7 Atendede este vídeo dunha entrevista ao presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios, e realizade esta actividade de comprensión. A partir das ideas aí recollidas, participade no foro aberto ao respecto explicándolles ben aos compas o que dixo o entrevistado, aclarando cuestións e valorando a súa postura. Tede en conta o que xa comentaron as e os demais (a non ser que sexades os primeiros membros en intervir).
TAREFA 8 Seguide a presentación interactiva sobre a entrevista que tedes na sección de Recursos (nesta mesma páxina principal, máis abaixo), o que vos ha levar uns 10 minutos. Logo, pero non antes de seguir a presentación interactiva!, podedes revisar a información esencial aquí. Tal como se propón, tedes que planificar unha entrevista ao grupo The Homens. Se seguides todos os pasos e fica ben, podémoslla facer na rede! En todo caso, aínda que sen respostas, publicádea no voso blogue acompañándoa dalgunha imaxe e a ligazón ao espazo web do grupo.
TAREFA 9 Vede a presentación en Slideshare A linguaxe da imaxe, que aparece máis abaixo na nosa sección de Recursos. Se non fica clara algunha cuestión, consultade co profesor ou remexede nestes documentos en pdf: A linguaxe da imaxe I e A linguaxe da imaxe II. Unha vez que tedes claros estes conceptos, escollede unha curtametraxe (unha soa) da nosa sección de Vídeos, centrade o que nos quere comunicar e comentade, facendo referencia ao momento preciso en minuto e segundos, algún plano significativo, algún ángulo especial e algún movemento da cámara relevante, sempre en relación co tema da curta. E, xa sabedes, iso recóllese no voso blogue.
TAREFA 10 Realizade, no voso blogue, unha breve escolma da poesía galega ata o século XIX, cumprindo as seguintes condicións. Escollede na Biblioteca Virtual Galega (en Obras dispoñíbeis para a lectura, Poesía) un texto que vos guste para representar a etapa medieval, outro para os Séculos Escuros, outro máis do Prerrexurdimento e un de cada un dos grandes autores do Rexurdimento; en total, seis poemas. Reproducide con xeito os textos no blogue, ilustrándoos, e acompañade cada un deles dunha breve ficha histórica (para iso empregade, cando menos, esta fonte) e, en relación con ela, poñede tamén o tema do poema. Intentade, así mesmo, incorporar ao final algunha ligazón que lle permita a quen o lea profundar máis en internet sobre a etapa literaria ou sobre o autor (como na Galipedia, etc.).

Mensagens de blog

fl3ky_blankytta

Cantigas das distintas épocas galegas

CANTIGAS DAS DISTINTAS ÉPOCAS GALEGAS




Cantiga de amigo
época mediaval


o galego-portugués nace no noroeste da Península como unha lingua de orixe latina e que evoluciona dun xeito diferente a outras linguas peninsulares.Esta lingua ten un período de esplendor literario que comenzou no século XII e que creceu en importancia ata a metade do século XIV.No século XIV prodúcese unha guerra civil entre Henrique de Trastámara e Pedro 1. Galicia apoia a este, que é o que perde. Como co… Continuar

Postado por fl3ky_blankytta em 27 maio 2008 às 11:00 ‚Äî 6 Comentários

AS.MINEROS

subida de prezos dos productos das vacas

Os productos lácteos e os vacúns son cada vez máis caros. Comer produtos das vacas e cada vez máis difícil debido o seu alto custo. Subiron tanto os produtos lácteos como os vacúns debido a que esta subida non é única en Galicia os galegos están pasando unha crise económica moi importante, así que será difícil de superar.
Segundo comprobamos en dous periódicos diferentes isto e medianamente importante para os galegos. É unha crise bastante grave e parece ser duradeira.
O periódico… Continuar

Postado por AS.MINEROS em 14 abril 2008 às 11:30 ‚Äî 6 Comentários

manolo

Poemas nas diferentes etapas históricas.

ETAPA MEDIEVAL:

Ondas do mar de Vigo

Ondas do mar de Vigo,
e vistes meu amigo?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,

se vistes meu amado?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Se vistes meu amado
por que hei gran cuidado?
E, ai Deus, se verrá cedo!

Martín Codax




-TEMA DO POEMA… Continuar

Postado por manolo em 12 junho 2008 às 12:16 ‚Äî 6 Comentários

serdanimar

TOURIÑO ANUNCIA 200 PARA ASA PENSIONS CONTRIBUTIVAS

Para realizar esta tarefa escollemos analizar a noticia do 21 de abril do 2008 dos xornais de "a peneira" e "vieiros" que nos contan como o presidente anuncia que no segundo semestre deste ano aboarase unha paga anual de 200 euros como complemento autonómico ás pensións non contributivas, unha medida que beneficiará a 50.000 persoas en toda Galiza.



A PENEIRA:dalle menos importancia a noticia ca no outro periodico posto qu… Continuar

Postado por serdanimar em 21 abril 2008 às 12:00 ‚Äî 5 Comentários

focas_x100pre

O día 21 do 4 do 2008 foi asaltado, por catro persoas, o atuneiro vasco Praia Bakio, cando navegaba …

O día 21 do 4 do 2008 foi asaltado, por catro persoas, o atuneiro vasco Praia Bakio, cando navegaba por augas internacionais. O barco ía composto por 26 tripulantes, dos cales 16 africanos, 8 galegos e 5 vascos.
A pesar de que o atuneiro, sufrira algúns danos cos lanzagranadas dos asaltantes, o barco diríxese hacia terra firme, dende o cal informanos o Ministerio de Exteriores, o Ministerio de Defensa enviou un buque do exército próximo á zona onde sucedeu o asalto.

Esta noticia ten diferentes… Continuar

Postado por focas_x100pre em 21 abril 2008 às 12:00 ‚Äî 5 Comentários

FERRAMENTAS

RECURSOS

Learn more about this project Para velo nun tamaño maior, preme na barra inferior



PRODUCIÓNS dis ti!






 
 

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Últimas entradas de Dis ti!

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Badge

Carregando...
 

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço